Prácticas de Campo e Saídas de Estudo 2016/2017

prácticas de campo

Ata o vindeiro 6 de febreiro está aberto o prazo para presentar as solicitudes de prácticas de campo e saídas de estudo para o 2º cuadrimestre do curso 2016/2017.

As solicitudes presentaranse nos Negociados de Asuntos Xerais.

Xunto coa solicitude, deberá presentarse o impreso de conformidade asinado polos coordinadores das materias afectadas pola práctica de campo ou saída de estudos (punto 4 da convocatoria) e a previsión de gastos cuberta no caso de actividades de máis dun día de duración (punto 2 da convocatoria).

O calendario elaborado con estas solicitudes ten que ser aprobado pola Comisión Permanente da Escola antes da finalización do prazo establecido na convocatoria pola Vicerreitoría de Estudantes.