Programa de verán 2018 en Taiwán para alumnos de posgrado

bolsas Taiwán

O Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía de Taiwán publica a convocatoria de 10 bolsas do programa de Verán 2018 para estudantes de mestrado ou doutoramento españois.

Os beneficiaros recibirán 50000 dólares taiwaneses (aproximadamente 1400 euros) para cubrir a estancia de 8 semanas, do 25 de xuño ao 17 de agosto de 2018.

O prazo para a presentación de instancias remata o 16 de xaneiro de 2018.

As bases da convocatoria e os formularios de solicitude están dispoñibles na web do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía de Taiwán.