Convocatoria programa IACOBUS

programa IACOBUSq

Publicouse a V convocatoria do programa IACOBUS que permitirá que PDI, persoal investigador e PAS das unviersidades da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal realicen estadías nas universidades participantes no programa co gallo de contribuir a fomentar a cooperación entre as institucións de Ensino Superior de Galiza e do Norte de Portugal.

As estadías deste programa deberanse levar a cabo dende o 1 de febreiro ata o 30 de xuño de 2018.

A presentación de candidaturas efectuarase unicamente a través da plataforma que o programa IACOBUS dispón na súa páxina web dende hoxe e ata o día 19 de novembro de 2017 ás 23:59 hora española.