Erasmus + Estudos 2017/2018

erasmus

De xeito excepcional, a Universidade publica unha segunda convocatoria das bolsas Erasmus Estudos para realizar mobilidade de estudos en Europa durante o segundo cuadrimestre do curso 2017/2018.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xullo de 2017, e o proceso de selección nos centros terá lugar durante o mes de setembro. Tras o proceso de selección, na web da EEI publicarase unha relación provisional de admitidos e excluídos por documentación e abrirase un período de subsanación.

IMPORTANTE: Durante o período de subsanación de setembro poderanse aportar cartas de aceptación dos titores das prazas que así o requiran, polo que non é obrigatorio obtelas antes do 31 de xullo. Si que é necesario, sen embargo, presentar a solicitude en tempo e forma (aínda que falte documentación).

A información sobre os resultados provisionais do proceso de selección e a apertura do período de subsanación comunicaranse a través da web da EEI e da lista de alumnos da EEI.