INL Summer Internship 2017

INL Summer Internship 2017

O Laboratorio Ibérico de Nanotecnoloxía (International Iberian Nanotechnology Laboratory, INL) ven de lanzar a IV edición do programa de estadías de verán nas súas instalacións de Braga (Portugal). 

Este programa permite que estudantes de ciencias e enxeñería participen en proxectos do INL cunha duración de entre 2 e 3 meses e que terán lugar entre maio e setembro de 2017.

O INL proporcionará a os estudantes seleccionados a oportunidade de levar a cabo un proxecto de investigación nun entorno altamente estimulante e multicultural, que inclúe acceso a equipos de última xeración e oportunidades de capacitación únicas.

A data límite para presentar as solicitudes é o día 30 de abril de 2017.