Programa Erasmus Estudos curso 2017/2018

erasmus estudos 13012017

Xa se pode consultar as bases da convocatoria de mobilidade Erasmus Estudos para o curso 2017/2018.

A oferta deste ano está dividida en 1º ciclo, 2º ciclo e 3º ciclo. As prazas publicadas na oferta de 1º ciclo están pensadas para que os alumnos de Grao poidan realizar unha estadía de estudos durante o segundo cuadrimestre de 4º curso. As prazas de 2º ciclo son para os alumnos do Mestrado de Enxeñería Industrial que queiran cursar o bloque de materias da especialidade do 1º semestreo do 2º curso.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 13 de xaneiro de 2017.