"Young graduate trainee" da Axencia Espacial Europea

ESA 15122016

A Axencia Espacial Europea (ESA) convoca o "Young Graduate Trainee", un programa de formación para recén titulados ou estudantes de último ano de mestrado. Estes alumnos asumirán un papel responsable no apoio a un proxecto e se beneficiará da experiencia dun tutor da ESA.

Para ser candidato, o alumno debe estar no último ano de mestrado ou ser recentemente titulado ademáis de ser cidadán dun dos Estados membros da ESA ou dun dos Estados Europeos cooperantes.

Os solicitantes só poderán solicitar unha das prazas ofertadas, polo tanto, antes de enviar a solicitude, deberán asegurarse de seleccionar a que mellor se adapta aos seus intereses.

Os candidatos serán sleccionados polo tutor correspondente no mes marzo. A data de contratación realizarase por mutuo acordo e pode ser en calquer momento de maio a septembro de 2017.