Programa ISEP curso 2017/2018

ISEP

Xa está aberta a convocatoria de prazas de intercambio con Estados Unidos para o curso 2017/2018 dentro do Programa ISEP (International Student Exchange Programs).

O prazo para presentar as solicitudes rematará o 13 de xaneiro de 2017.

Aqueles alumnos interesados, poderán asistir a unha reunión informativa o día 16 de novembro de 2016 ás 09:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Traducción.