Axenda

xoves

26

maio

17:00 h

Xornada de Orientación Profesional

O Paraninfo da EEI - Sede Cidade, acolle un ano máis a Xornada de Orientación Profesional dirixida fundamentalmente a alumnos de último curso e recén titulados.

O Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industrias de Galicia (ICOIIG) e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industrias de Vigo (COITIVIGO) organizan conxuntamente a Xornada de Orientación Profesional dirixida fundamentalmente a alumnos de último curso e recén titulados.

Entre os contidos a tratar na xornada, encóntranse os seguintes:

  • Alternativas para a continuación de estudos
  • Prácticas en empresas
  • As PYMEs e as grandes empresas
  • O acceso á administración pública
  • A actividade docente
  • A actividade técnica-comercial
  • Autoemprego e empresariado
  • Exercizo libre da profesión
  • Exercizo profesional a nivel europeo
  • Asociacións e Colexios profesionais

A inscrición pódese realizar a través do seguinte formulario: http://goo.gl/forms/J8TAfVmB4b

Entregarase un diploma acreditativo a tódolos asistentes.



Lugar: Paraninfo da Escola de Enxeñería Indusrial, Sede Cidade