Instruccións para seleccionar Grupo

Alumnos de Primeiro curso que se matriculan por primeira vez

No curso académico 2017/2018 os alumnos de primeiro curso dos 6 graos impartidos na Escola de Enxeñería Industrial (EEI) compartirán as materias do 1º curso. Cada alumno matricularase no Grao seleccionado (sempre que existan prazas vacantes) pero, como o 1º curso é común a todos os Graos, os alumnos compartirán os 10 grupos de primeiro curso.

O alumno deberá completar a súa matriculación no Grao elixido a través da aplicación de matrícula da Universidade de Vigo e deberá premer no botón de elección de grupo.

Deberá ordear de maior a menor preferencia a sede (campus ou cidade) e o turno (mañá ou tarde) do grupo de teoría do primeiro curso. Esta prelación é meramente informativa e non vinculante para o centro. A adxudicación dos alumnos a cada grupo farase tendo en conta a nota de acceso á universidade e as necesidades de organización académica da EEI.

Así mesmo, todos os novos alumnos do 1º curso poderán seleccionar se desexan docencia bilingüe ou non. A adxudicación de alumnos ó grupo C (docencia bilingüe) farase tendo en conta a nota de acceso á universidade e as necesidades de organización académica da EEI.

Os alumnos matriculados durante os dous primeiros chamamentos da CIUG poderán coñecer a asignación de grupo durante a última semana de xullo a través da Secretaría Virtual do alumno

Aos alumnos que se matriculen durante os seguintes chamamentos, asignaráselle o grupo no mes de setembro segundo a matrícula.

 

Dibujito verdeGrupos de 1º curso

 

Alumnos de Continuación de Estudos

Antes de realizar a súa matrícula, os alumnos deben comprobar ben os horarios. A Escola non pode garantir a compatibilidade de horarios entre materias de cursos diferentes. Non se concederán cambios de grupo debido a esta causa.

O alumno completará a súa matriculación na páxina web da Universidade de Vigo e deberá premer no botón de elección de Grupo. En función do Grao no que está matriculado poderá expresar a súa preferencia de Sede e/ou Turno na pantalla que se lle abrirá a continuación.Esta preferencia é meramente informativa e non vinculante para o centro.

A adxudicación de alumnos a cada grupo farase tendo en conta o expediente académico e as necesidades de organización académica da EEI.

Así mesmo os alumnos poderán seleccionar se desexan docencia en inglés segundo a oferta dispoñible para o grao correspondente. A adxudicación de alumnos farase tendo en conta o expediente do alumno e as necesidades de organización académica da EEI.

A composición dos Grupos farase pública o día 4 de setembro.

Dibujito verdeGrupos de 2º curso

Dibujito verdeGrupos de 3º curso

Dibujito verdeGrupos de 4º curso

Dibujito verdeListado de materias optativas xerais 4º curso