Becas para estudantes


Dibujito verdePrácticas Curriculares

As prácticas curriculares son aquelas que se configuran como actividades académicas integradas como materias dun plan de estudos con carácter obrigatorio ou optativo.

 

Dibujito verdePrácticas Extracurriculares

As prácticas extracurriculares son aquelas que se levan a cabo de forma voluntaria durante o periodo de formación e que, aínda tendo dos mesmos fins que as prácticas curriculares, non forman parte do correspondente plan de estudos.

Os alumnos da Escola de Enxeñería Industrial, poden realizar prácticas extracurriculares a través de dous programas diferentes:

Fundación Universidade de Vigo

Este programa vai dirixidos aos alumnos matriculados nalguna titulación ofertada pola Universidade de Vigo ou ben aos alumnos que estean realizando o seu proxecto fin de carrera ou traballo fin de grao. En todo caso, deben ter superados o 50% dos créditos da súa titulación.

Dibujito verdeConsulta aquí as convocatorias abertas

 

Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA)

Este programa de bolsas para estudantes vai dirixidos a aqueles alumnos, menores de 31 anos, que superaran a metade dos créditos dos que consta a súa titulación.

O obxectivo é conseguir profesionais cunha visión real dos problemas que afrontan as empresas e preparalos para a súa incorporación futura ó mundo laboral.

Dibujito verdeConsulta aquí o listado de convocatorias